Tráfico

Código: TRACO
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 27/10/2008 - 30/10/2008
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: Sede do Corpo de Policía Local da Coruña
Horario: 8.00 14.00
Obxectivos:
Actualizar coñecementos sobre a lexislación en materia de tráfico e seguridade viaria, sobre as ordenanzas correspondentes e sobre redacción e formalización de atestados de tráfico.
Contido:
Lei de Seguridade Viaria, modificacións normativas, actuacións en materia de tráfico e seguridade viaria, etc.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.
Publicacións admitidas:
A relación de admitidos farase pública o día 23 de outubro a partir das 14.00 horas, pola Academia Galega de Seguridade Pública, os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 206 117/18/24 (AGASP) e na páxina web http://agasp.xunta.es.
Solicitudes:
O prazo para a presentación de instancias rematará o día 22 de outubro ás 14.00 horas.
As instancias dos solicitantes que non pertenzan ao Concello da Coruña, deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública (fax: 886 206 122), avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992.
Os solicitantes que pertenzan ao corpo de Policía Local do Concello da Coruña deberán facer a súa solicitude a través da Academia de Formación de Policía Local do Concello da Coruña.