Seminario sobre a policía como testemuña

Código: SETES
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 80
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/11/2008 - 11/11/2008
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: De 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas
Obxectivos:
- Saber cales son os aspectos a ter en conta na comparecencia en xulgados e tribunais na calidade de testemuña ou perito.
- Saber como debe facerse a preparación previa desta comparecencia así como o desenvolvemento da mesma diante do xulgado ou tribunal, para que resulte eficaz e profesionalmente completa.
Contido:
1.- Preparación previa da comparecencia como testemuña ou perito.
2.- Aspectos a ter en conta na declaración en sede xudicial.
3.- Valoración actitudinal da linguaxe verbal, da imaxe como policía e da calidade técnica e profesional das declaracións.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
A admisión realizarase por rigoroso orde de entrada de solicitudes no rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública.
Publicacións admitidas:
A relación de admitidos farase publica o día 7 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 206117/18/24.
Solicitudes:
1. O persoal que desexe participar neste seminario deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 5 de novembro de 2008, ás 14.00 horas.
3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 886 206122); ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.