Operativa con vehículos estranxeiros

Código: OVESA
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 30
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/11/2008 - 10/11/2008
Lugar: Santiago de Compostela (Coruña, A)
Localización: Auditorio do Concello de Santiago
Horario: 16.30 a 20.30
Obxectivos:
- Dotar aos membros das forzas e corpos de seguridade dos coñecementos fundamentais en materia documental (formato, medidas de seguridade, validez, etc.), profundizando nos relacionados coa condución e circulación de vehículos a motor e como complemento ás actividades relacionadas coa vixiancia do tráfico e o control policial.
Contido:
-Documentos.
-Permisos nacionais e internacionais de condución.
-Documentos de circulación. Propiedade de vehículos.
-Elementos de identificación de vehículos.
-Falsificacións. Cotexos documentos dubitados e indubitados.
Persoas destinatarias:
- Outros Destinatarios
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.
Publicacións admitidas:
A relación de admitidos farase publica o día 30 de outubro a partir das 14.00 horas, pola Academia Galega de Seguridade Pública, os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 206 117/18/24 (AGASP) e na páxina web http://agasp.xunta.es.
Solicitudes:
O prazo para a presentación de instancias rematará o día 28 de outubro ás 14.00 horas.
As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (Fax: 886 206 122);, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Por correo electrónico a través da páxina web http://agasp.xunta.es, poderá adiantarse a preinscrición, sen prexuízo da remisión e acreditación por fax.