Intervención policial

Código: IPOVI
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/11/2008 - 06/11/2008
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: Aula de formación da policía local
Horario: 16.00 a 21.00
Obxectivos:
- Ampliar e actualizar coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación diante das distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.
- Adquirir destrezas no manexo e solución práctica de supostos de intervención.
Contido:
Módulo I: técnicas básicas de intervención policial ante distintas situacións que son recurrentes no desempeño profesional dos policías locais.
Módulo II: prácticas de técnicas operativas de intervención policial.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.
Publicacións admitidas:
A relación de admitidos farase publica o día 30 de outubro a partir das 14.00 horas, pola Academia Galega de Seguridade Pública, os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 206 117/18/24 (AGASP) e na páxina web http://agasp.xunta.es.
Solicitudes:
- O prazo para a presentación de instancias rematará o 28 de outubro ás 14.00 horas.
- As instancias dos solicitantes que non pertenzan ao Concello de Vigo, deberán enviarse á AGASP (fax: 886 206 122), avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os solicitantes que pertenzan ao corpo de Policía Local de Vigo deberán facer a súa solicitude a través da Academia de Formación de Policía Local de Vigo.