Investigación e reconstrución accidentes tráfico

Código: INVIG
Número da edición: 3
Horas lectivas: 20
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 13/10/2008 - 17/10/2008
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: Concello de Vigo
Horario: De 16:00 a 20:00
Obxectivos:
Proporcionar aos funcionarios de policía destinados nas unidades de investigación e análise de accidentes de tráfico, coñecementos técnicos que aumenten a súa preparación na interpretación dos indicios recollidos e na emisión de informes ou ditames relacionados coas causas de produción de sinistros.
Contido:
-Conceptos básicos de física, matemáticas e dinámica.
-Cálculo de velocidade máxima dun vehículo
-Cálculo da velocidade a través das pegadas de freada.
-Cálculo da velocidade por conservación da cantidade de movemento.
-Cálculo da velocidade por conservación da enerxía.
-Proxeccións e atropellos.
-Deformacións e rozamentos.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.
Publicacións admitidas:
A relación de admitidos farase publica o día 9 de outubro a partir das 14.00 horas, pola Academia Galega de Seguridade Pública, os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 206 117/18/24 (AGASP) e na páxina web http://agasp.xunta.es.
Solicitudes:
- O prazo para a presentación de instancias rematará o día 7 de outubro ás 14.00 horas.
- As instancias dos solicitantes que non pertenzan ao Concello de Vigo, deberán enviarse á AGASP (fax: 886 206 122), avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os solicitantes do corpo de Policía Local do Concello de Vigo deberán facer a súa solicitude a través da Academia de Formación de Policíado Concello de Vigo.