Especializ. formadores educac. vial para adultos

Código: EADUL
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 27
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/11/2008 - 28/11/2008
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: De 9:00 a 14:00
Obxectivos:
Coñecer e comprender a importancia que ten a educación viaria na educación de persoas adultas.

-Afondar na necesidade de formar as persoas adultas para que usen as vías públicas con seguridade como peón, condutor e pasaxeiro.

-Dotar os policías locais de ferramentas e recursos para deseñar intervencións educativas que teñan como base a educación viaria no campo da educación para persoas adultas, tanto no ámbito da educación formal coma non formal
Contido:
-Introdución xeral ao concepto de educación viaria e, concretamente, na súa aplicación a persoas adultas: contidos, obxectivos, metodoloxía, etc.

-Importancia da educación viaria na educación de adultos e a necesidade de desenvolver programas educativos no ámbito da educación non formal.

-Planificación e programación dun proceso educativo de educación viaria en educación de adultos.

-Materiais didácticos de educación viaria para adultos. Outros recursos didácticos da DXT.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
que non fixesen con anterioridade este curso ou semellante.
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.