Dactiloscopia

Código: DACTI
Número da edición: 1
Horas lectivas: 25
Prazas: 50
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 05/11/2008 - 27/11/2008
Obxectivos:
- Coñecer os fundamentos da identificación persoal, a través dos sistemas biométricos, en especial de dactiloscopia.
- Dominar o sistema dactiloscópico español.
- Realizar traballos prácticos relacionados con esta materia
Contido:
Módulo I: Núcleos e delta de dactilogramas.
Módulo II: Tipos de dactilogramas.
Módulo III: Fórmula e subfórmula dactiloscópica.
Persoas destinatarias:
-
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.
Publicacións admitidas:
A relación do persoal admitido publicarase o día 4 novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886-206117/118.
Solicitudes:
O prazo para a presentación de instancias rematará o día 31 de outubro ás 14.00 horas.
O persoal que desexe participar neste curso cumprimentará a instancia que figura no anexo desta publicación, ou na páxina web http://agasp.xunta.es, debéndoa remitir vía fax (886-206122) debidamente cumprimentada.
As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 886 206122); ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAPPAC