Policía local (2ª promoción)

Código: 2PRPL
Número da edición: 2
Horas lectivas: 1361
Prazas: 30
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/03/2008 - 31/10/2008
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Obxectivos:
O curso ten por obxectivos dotar aos policías dunha formación teórico-práctica que complemente os coñecementos adquiridos na súa preparación das correspondentes probas de oposición, facilitándolles a competencia e capacidade necesarias para o posterior desempeño da súa actividade profesional.
Contido:
-Misión e funcións policiais.
-Policía de protección e seguridade.
-Policía de tráfico e transporte.
-Policía xudicial e de investigación.
-Policía administrativa.
-Módulo transversal.
-Módulo profesional: formación en centros de traballo (concellos).
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local - Policía
Requisitos:
Para obter o correspondente diploma será requisito indispensable completar tanto a fase de formación teórica, onde o alumno ten que superar todas as materias que figuren no programa, como a fase de prácticas.
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.