Curso de piloto de UAS/drons para categorías abertas e específicas en STS01, STS02 e radiofonista

Código: 262179
Data de inscrición: 17/10/2026 - 28/10/2026
Número da edición: 1
Horas lectivas: 80
Prazas: 50
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 24/11/2026 - 31/03/2027
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Días: 24/11/2026 - 31/03/2027
Obxectivos:
Realizar cursos de pilotos de drons nas categorías abertas, categorías específicas STS01, STS02 e radiofonista, que permitan aos alumnos superar as probas teóricas oficiais respectivas na sede electrónica da AESA e as probas prácticas realizadas por examinadoras/es autorizados.
Para iso, a AGASP facilitará ao alumnado que o requira o acceso ás instrucións de matriculación nesa formación, asesoramento e seguimento para que no prazo improrrogable de 20 días desde o inicio desta actividade formativa dispoñan de polo menos a titulación oficial de piloto de UAS/drons en categoría aberta A1, A3, sendo recomendable tamén a A2
Contido:
1. Formación teórica.
a) Formación teórica inicial. Categorías abertas A1 e A3.
b) Escenarios estándar europeos STS-01 e STS-02.
c) Radiofonista.

2. Formación práctica
2.1. Prácticas estándar de AESA (8 horas)
2.2. Formación práctica en escenario estándar STS-01 (8 horas).
2.3. Formación práctica en escenario estándar STS-02 (8 horas).
2.4. Planteamento e resolución de operación de emerxencia con drons en escenarios STS-01 e STS-02 (8 horas).
2.5. Prácticas de radiofonista (8 horas).
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Bombeiro/a - condutor/a
- Bombeiros dos Parques Municipais - Bombeiro/a - conductor/a
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal - Persoal do GES
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Persoal de intervención
Destinatarios específicos:
A) Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
B) Grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
C) Servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
1. Esta oferta formativa ten como alcance os escenarios estándar europeos STS-01 e STS-02, así como a formación como radiofonistas, por tanto, requírese que todo o alumnado dispoña á data de inicio das prácticas de voo neses escenarios a titulación teórica en polo menos os escenarios abertos A1, A3.
Para iso, a AGASP facilitará ao alumnado que o requiran o acceso ás instrucións de matriculación nesa formación, asesoramento e seguimento para que no prazo improrrogable de 30 días desde o inicio desta actividade formativa dispoñan de polo menos a titulación oficial de piloto de UAS/drons en categoría aberta A1, A3, sendo recomendable tamén a A2.
2. Dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico en vigor, computador persoal (necesario para realizar trámites de matriculación na Axencia Estatal de Seguridade Aérea – AESA) con capacidade para presentar documentación de maneira telemática e asinar electronicamente.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning).
CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso
2. Segundo a Lei de Igualdade da C. Autónoma reservarase un 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
3. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización dos cursos con anterioridade.
Inscrición:
Gratuíta
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante. De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada con a non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.
Solicitudes:
O prazo de inscrición será ata o 28 de outubro de 2025 e a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa maior antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas