Patrón de navegación básica (PNB)

Código: 262167
Data de inscrición: 16/04/2026 - 06/05/2026
Número da edición: 2
Horas lectivas: 32
Prazas: 20
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 29/05/2026 - 06/07/2026
Lugar: Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Localización: Porto deportivo de Vilanova de Arousa
Clase ou local: Parte en liña: 29 de maio ao 8 de xuño // Parte teórica presencial na Agasp: 15 e 16 de xuño: aula 3 AGASP // Parte práctica presencial Porto Vilanova: 27 e 28 de xuño/exame: sedes oficiais da Xunta de Galicia en Vigo, Ribeira e Ferrol
Horario: EN LIÑA (29 maio á 8 xuño) (8 xuño teleprenza obrigatoria: 19 a 21h) //PRES.: 15 e 16 de xuño: 10.00-14.00 e 16.00-18.00 /exame 6 xullo: 16.00
Días: 29/05/2026 - 06/072026
Obxectivos:
adquirir coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.
Os que obteñan o título terán atribucións para o manexo de embarcacións de ata 8 metros de eslora, así como para o manexo de toda clase de motos acuáticas.
Contido:
TEORÍA (24 horas)
a) Nomenclatura náutica.
b) Elementos de amarre e fondeo.
c) Seguridade no mar.
d) Lexislación.
e) Balizamento.
f) Regulamento internacional para previr abordaxes no mar (RIPA).
g) Radiocomunicacións para patrón para navegación básica


PRÁCTICA DE NAVEGACIÓN (8 horas )
a) Seguridade e comprobacións antes de saír ao mar: coñecemento e manexo do material de seguridade, revisión dos puntos críticos da embarcación e comprobacións previas á saída ao mar.
b) Motores: identificación dos elementos da instalación propulsora. Arranque do motor e comprobacións de funcionamento.
c) Cabullería: manexo de cabos e nós básicos.
d) Manobras: manobras en dársena, atracadas e desatracadas. Velocidade de seguridade.
e) Fondeo, vixilancia e control da derrota: manobra de fondeo e virado da áncora. Precaucións con bañistas e mergulladores.
f) Manobras de seguridade: Identificación dos diferentes riscos e procedemento de recollida en caso de home a auga.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Voluntario/a
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Estar en posesión da titulación náutica de “Licenza de navegación”.
b) Ter superado o curso básico de protección civil e estar adscrito/a como voluntario/a activo/a nunha AVPC pertencente a un concello que cumpra algún dos seguintes requisitos:
- Entidades locais adscritas ao Plan de salvamento en praias de Galicia (Sapraga).
- Entidades locais que teñan encoros nos que leven a cabo probas deportivas ou de adestramentos.
- Entidades locais que conten con praias fluviais habilitadas para o baño.
A Agrupación/asociación de voluntarios de protección civil á que pertenza o solicitante deberá estar inscrita regulamentariamente no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados/as por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.
3. O alumnado seleccionado deberá entregar a seguinte documentación ao coordinador do curso no prazo requirido ao efecto:
- Certificado psicotécnico para embarcacións de recreo expedido por calquera centro homologado
- Fotocopia do DNI
4. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) son de nivel básico
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.