Básico de Investigación de incendios forestais

Código: 262152
Data de inscrición: 01/04/2026 - 08/04/2026
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 40
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/06/2026 - 05/06/2026
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: 9.00-15.00
Días: 1, 2, 3, 4 e 5 de xuño de 2026
Contido:
1. Marco normativo, UIFO e causalidade (2 horas)
2. Comportamento do lume (2 horas)
3. Meteoroloxía e índices de risco (1,5 horas)
4. Clasificación das causas (1 hora)
5. Fases iniciais e análise da propagación (2 horas)
6. Aplicacións informáticas (2,5 horas)
7. Evidencias físicas (2 horas)
8. Área e punto de inicio (2 horas)
9. Proba material e testemuñal (1,5 horas)
10. Prácticas de campo (8 horas)
11. Hipótese e tratamento da información (1 hora)
12. Codificación das causas (1 hora)
13. Informe técnico (3,5 horas)
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural
Destinatarios específicos:
Axentes forestais e axentes facultativos medioambientais dos distritos forestais e de servizos centrais do SPIF
Requisitos:
1. Non ter realizado esta formación nos últimos 3 anos.

2. Menor número de cursos realizados nos últimos dous anos

3. Orde de inscrición.
Inscrición:
gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.