Mellora na eficiencia do SPIF ante o risco extremo por incendios forestais

Código: 262148
Data de inscrición: 01/04/2026 - 08/04/2026
Número da edición: 9
Horas lectivas: 20
Prazas: 135
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 06/05/2026 - 21/05/2026
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: En liña (6/05/2026 ao 15/05/2026) // parte presencial: 1 día dos días 18, 19 ou 21 de maio
Horario: En liña (6/05/2026 ao 15/05/2026) horario segundo as necesidades do alumnado / HORARIO parte presencial (1 día): mañá: 9.00-13.00 e tarde: 15.00-19.00
Días: 6/05/2026 ao 21/05/2026
Contido:
1. Indices de risco de incendio forestal (2 horasI
2. Tipoloxía de combustibles (3 horas)
3. Operacións de extinción na interface urbano forestal (2 horas)
4. Eventos compostos (5 horas)
5. Factor humano na emerxencia por incendios forestais (2 horas)
6. Incendios con comportamentos extremos (2 horas)
7. Prácticas (4 horas)
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Bombeiro/a forestal condutor/a
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Bombeiro/a forestal oficial/a
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Bombeiro/a forestal
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Xefe de brigada
Destinatarios específicos:
Persoas inscritas nas listas de contratación Bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, bombeiros/as forestais condutores/as e bombeiros/as forestais.
Requisitos:
1) Ser do colectivo específico
2) Persoal que conte coa maior puntuación nas listas de contratación e non estea en activo na mesma categoría.
Inscrición:
gratuita
Solicitudes:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.