Tripulación en embarcacións para preventivos acuáticos

Código: 262115
Data de inscrición: 28/02/2026 - 16/03/2026
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 23/05/2026 - 24/05/2026
Lugar: Marín (Pontevedra)
Localización: Por determinar
Días: 23 e 24 de maio de 2026
Contido:
Módulo 1: Prevención de riscos en preventivos acuáticos (2 horas)
Módulo 2: Coñecemento básico da embarcación (3 horas)
- Tipos de embarcacións
- Equipamento de seguridade
- Transporte da embarcación
Módulo 3: Primeiros auxilios en embarcacións (3 horas)
Módulo 4: Manobras con embarcación (8 horas)
- Subida e baixada de embarcación en peirao e en praia.
- Navegación
- Remolque de embarcación
- Manobras de mantemento .
- Subida de persoas á embarcación
- Amarre de cordas
- Prácticas xerais
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Subxefe da Agrupación
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Voluntario/a
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Xefe da Agrupación
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

2. CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º De acordo coa lei de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Reservarase un 40% das prazas para os solicitantes con residencia no concello onde se realice o curso cando curso sexa presencial
3º Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso
4º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
5º Data e hora na presentación de solicitudes
Inscrición:
Gratuita
convocatoria: DOG núm. 39 - 27/02/2026
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.