Rescate en lugares de dificil acceso (I)

Código: 262064
Data de inscrición: 20/02/2026 - 02/03/2026
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/05/2026 - 08/05/2026
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: 9.00-14.00 e 16.00-19.00
Días: 6, 7 e 8 de maio de 2026
Obxectivos:
- Coñecer as normas para o rescate
- Coñecer o material que se emprega en rescates
- Realización de prácticas de rescate e traslado do accidentado
Contido:
MÓDULO TEÓRICO (4 horas)
1. Normas aplicables, técnicas de rescate en altura
2. Equipos, medios e materiais utilizados para rescates
3. Cordas, conectores e ancoraxes.
4. Nós básicos: oito, oito dobre, seno, ballestrinque, etc

MÓDULO PRÁCTICO (20 horas)
1. Equipos utilizados para rescate
2. Nós: tipos e utilidade
3. Realización de ancoraxes de seguridade
4. Cordas en rescate vertical
5. Realización de polipastos e polifrenos
6. Traslado no chan de accidentados na padiola
7. Primeiros auxilios para accidentados en altura
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Subxefe da Agrupación
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Voluntario/a
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Xefe da Agrupación
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. REQUISITOS XERAIS:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Uniformidade nos cursos presenciais

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º De acordo coa lei de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º. No suposto que de conformidade coa base décima, houbera dous o máis cursos susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
3º. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización dos cursos con anterioridade.
4º Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
Gratuita
convocatoria: DOG núm. 33 - 19/02/2026
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.