Busca de persoas desaparecidas no medio rural con equipos caninos e outros medios

Código: 262052
Data de inscrición: 20/02/2026 - 02/03/2026
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 20/05/2026 - 22/05/2026
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: 09:30-13:30//15:30-19:30 // último día 09:30-13:30
Días: 20, 21 e 22 de maio de 2026
Obxectivos:
A formación de equipos para a procura e salvamento de persoas desaparecidas en áreas rurais
Contido:
1. Introdución
2. Estrutura e composición da procura, planificación, categorías de suxeito desaparecido
3. Área de operacións , estratexias de procura, teoría da procura
4. Equipos de procura e salvamento
5. Comunicacións. Sección sanitaria e Loxística
6. Técnicas indicios á vista
7. Medios auxiliares (unidades caninas, drons , aplicacións geo localización)
8. Equipamento: compás, cartografía e GPS
9. Análise das diferentes estratexias de progreso
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Subxefe da Agrupación
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Voluntario/a
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Xefe da Agrupación
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3) Uniformidade

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º. 50% das prazas para mulleres que cumpran os requisitos. Lei de igualdade.
2º. Menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización dos cursos con anterioridade.
3º. No suposto que de conformidade coa base décima, houbera dous o máis cursos susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
4º Os solicitantes que realizasen anteriormente só poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
Gratuita

DOG núm. 33 19/02/2026
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.