Centro de mando operativo como canle de comunicación en grandes eventos e emerxencias

Código: 261094
Data de inscrición: 05/03/2026 - 15/04/2026
Número da edición: 1
Horas lectivas: 4
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 21/04/2026 - 21/04/2026
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Sala de conferencias
Horario: De 9.30 a 14.00 horas
Días: 21.04.2026
Obxectivos:
O obxectivo principal do curso é capacitar aos axentes na integración e xestión dun Posto de Mando Avanzado (PMA) como núcleo neurálxico de coordinación nunha emerxencia ou nun gran evento.

Preténdese que o alumnado comprenda non só a tecnoloxía dispoñible, senón tamén a estrutura xerárquica, os roles operativos e o fluxo de información necesarios para garantir unha toma de decisións eficiente, segura e coordinada entre os distintos organismos e corpos intervinientes.

Ao remate do curso, o alumnado será capaz de:

- Coñecer o despregamento e as capacidades operativas do vehículo de mando de AXEGA.
- Establecer protocolos de comunicación claros e eficaces, evitando a saturación das redes mediante a diversificación de canles e sistemas.
- Identificar e empregar ferramentas de xestión de datos e transmisión de vídeo en tempo real.
- Aplicar medidas de seguridade e protección das imaxes e da información sensible.
- Comprender o papel do PMA como centro integrador da información operativa.
Contido:
MÓDULO 1. Fundamentos do Posto de Mando Avanzado (PMA)
• Definición, localización estratéxica e criterios de despregamento do PMA.
• Roles, funcións e responsabilidades dentro do Posto de Mando.
• Protocolos de activación e coordinación interinstitucional.

MÓDULO 2. Arquitectura de comunicacións en emerxencias
• Xestión das redes de radio e das comunicacións operativas.
• Sistemas de conexión satelital e conectividade móbil.
• Configuración e uso da rede Starlink en contornas de emerxencia.

MÓDULO 3. Ferramentas tecnolóxicas e xestión da información
• Transmisión e recepción de imaxes e vídeo en tempo real:
- Drones
- Cámaras de vixilancia
- Fontes externas de imaxe
• Software de xestión de emerxencias e rexistro cronolóxico de eventos (GEMMA).
• Tratamento, almacenamento e distribución segura da información.

MÓDULO 4. Interoperabilidade e coordinación das FCSE
• Integración das canles de comunicación dos distintos corpos no PMA.
• Integración de imaxes externas en tempo real.
• Xestión de crises e resolución de incidencias en grandes eventos.
• Fluxo de información de todos os grupos intervinientes.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
- Corpo da Garda Civil - Xeneral
- Corpo da Garda Civil - Alférez
- Corpos de Policía Local - Alumno/a cursos selectivos
- Corpo da Garda Civil - Brigada
- Corpo da Garda Civil - Cabo
- Corpo da Garda Civil - Capitán
- Corpo Nacional de Policía - Comisario/a
- Corpos de Policía Local - Policía
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Policía
- Corpo da Garda Civil - Sarxento/a
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Subinspector/a
- Corpo Nacional de Policía - Subinspector/a
- Corpos de Policía Local - Superintendente/a
- Corpo da Garda Civil - Tenente Coronel
- Corpo da Garda Civil - Tenente/a
- Corpo Nacional de Policía - Comisario/a Principal
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Comisario/a
- Corpo da Garda Civil - Comandante
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Comisario/a Principal
- Corpo da Garda Civil - Coronel
- Corpo da Garda Civil - Garda Civíl
- Corpo Nacional de Policía - Inspector/a
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Inspector/a
- Corpos de Policía Local - Inspector/a
- Corpos de Policía Local - Inspector/a Principal
- Corpos de Policía Local - Intendente/a
- Corpos de Policía Local - Intendente/a Principal
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Inspector/a Xefe/a
- Corpo Nacional de Policía - Inspector/a Xefe/a
- Corpo Nacional de Policía - Oficial
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Oficial
- Corpos de Policía Local - Oficial
- Corpo Nacional de Policía - Policía