Desfibrilación semiautomática externa (DESA)

Código: 252161
Data de inscrición: 04/11/2025 - 14/11/2025
Número da edición: 10
Horas lectivas: 5
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 13/12/2025 - 13/12/2025
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: Edificio Admtvo. Monelos.
Clase ou local: Edificio Administrativo de Monelos - A Coruña
Horario: 9.00-14.00
Días: 13 de decembro de 2025
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir:
1.Aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas.
2.Acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.
Contido:
1. TEORIA (1 hora):
– Cadea de supervivencia
– Parada cardiorrespiratoria
– Resucitación cardiopulmonar básica
– Desfibrilador externo automatizado

2. PRÁCTICA (4 horas):
– Resucitación cardiopulmonar básica
– Uso do desfibrilador externo
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Subxefe da Agrupación
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Voluntario/a
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Xefe da Agrupación
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Requisitos:
1. Requisitos xerais para voluntarios:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC
c) Maior de idade
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
3. Uniformidade
4. Para ter dereito a diploma o alumnado deberá superar proba final, constará de 25 preguntas, máximo de erros permitido 6.
Inscrición:
gratuita
DOG 212 - 03/11/2025
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar ou non xustificar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.