Xestión operativa e mando - nivel 1

Código: 252140
Data de inscrición: 19/09/2025 - 29/09/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 14/10/2025 - 16/10/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 14, 15 e 16 de outubro de 2025
Obxectivos:
- Establecer as bases dunha metodoloxía común, cun idioma común.
- Comprender como se xestionan no ámbito local as emerxencias (desde a planificación dun gran evento ata a xestión dunha emerxencia desde un punto de vista estratéxico).
Contido:
1. Os principios fundamentais.
2. A cadea de mando.
3. Os marcos das ordes.
4. A organización dos canles de transmisións.
5. As ferramentas gráficas.
6. Xeneralidades en estratexia e táctica operativa.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Cabo
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
- Bombeiros dos Parques Municipais - Bombeiro/a - conductor/a
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Oficial
- Bombeiros dos Parques Municipais - Oficial
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Sarxento/a
- Bombeiros dos Parques Municipais - Sarxento
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Suboficial
- Bombeiros dos Parques Municipais - Suboficial
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Bombeiro/a - condutor/a
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- O persoal técnico (oficial ou suboficial de parque de bombeiros)
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso
2. Segundo a Lei de Igualdade da C. Autónoma reservarase un 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
3. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización dos cursos con anterioridade.
4. No suposto que polas características dos cursos seleccionados estes fosen susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG 180 - 18/09/2025
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.