Licenza de navegación

Código: 252122
Data de inscrición: 16/04/2025 - 22/04/2025
Número da edición: 2
Horas lectivas: 6
Prazas: 20
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 24/06/2025 - 29/06/2025
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: Real Club Náutico da Coruña
Clase ou local: TEORÍA en liña (na plataforma da Agasp) /PRÁCTICA presencial: saida porto deportivo A Coruña
Horario: TEORÍA (24, 25, 26 e 27) en liña/ PRÁCTICA 28 ou 29: (4 grupos: :sábado (mañá ou tarde) e domingo (mañá ou tarde) 10.00-14.00 / 15.00-19.00)
Días: 24/06/2025 ao 29/06/2025
Obxectivos:
Adquirir coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.
Contido:
TEORÍA (2 horas)
a) Introdución aos contidos prácticos
b) Limitacións á navegación en praias non balizadas, balizadas e as súas canles de acceso
c) Normativa respecto ao tráfico marítimo e navegación interior nos portos.
d) Marcas laterais da rexión
e) Forma de gobernar a embarcación para evitar balances e cabezadas e importancia de non atravesarse ao mar
f) Nocións básicas para o uso dunha estación de radio VHF portátil, limitándose ao coñecemento da canle 16, o seu uso en caso de emerxencia e as comunicacións básicas de rutina, así como a forma de contactar con Salvamento Marítimo
PRÁCTICA (4 horas)
a) Seguridade e comprobacións antes de saír ao mar. Coñecemento e manexo do material de seguridade, revisión dos puntos críticos da embarcación e comprobacións previas á saída ao mar
b) Motores: identificación dos elementos da instalación propulsora. Arranque do motor e comprobacións de funcionamento
c) Manexo de cabos e nós básicos
d) Manobras: manobras en dársena, atracadas e desatraques. Velocidade de seguridade
e) Fondeo, vixilancia e control da derrota: manobra de fondeo e virado da áncora. Precaucións con bañistas e mergulladores.
f) Manobras de seguridade
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a nunha AVPC dun concello segundo a base quinta da presente convocatoria
- Entidades locais adscritas ao Plan de salvamento en praias de Galicia (Sapraga)
- Entidades locais que teñan encoros nos que leven a cabo probas deportivas ou de adestramentos.
- Entidades locais que conten con praias fluviais habilitadas para o baño.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. O alumnado SELECCIONADO deberá entregar a seguinte documentación ao coordinador o día do curso:
– Certificado psicotécnico para embarcacións de recreo expedido por calquera centro homologado.
– Fotocopia do DNI.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG: núm 73 - 15/04/2025
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.