Queimas prescritas e manexo do lume

Código: 252087
Data de inscrición: 24/03/2025 - 31/03/2025
Número da edición: 2
Horas lectivas: 30
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 27/05/2025 - 13/06/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 6 tódolos días o día 10/06: aula de informática grande
Horario: 9.00-14.00
Días: 27 e 30 de maio, 3, 6, 10 e 13 de xuño de 2025
Obxectivos:
Dotar aos participantes dos coñecementos necesarios para a realización de queimas controladas como ferramenta para a xestión dos combustibles forestais e como alternativa a operacións silvícolas tradicionais.
Contido:
1. Contexto histórico e uso do lume na xestión do territorio e marco do uso do lume e das queimas prescritas en Galicia (1 h)
2. O lume prescrito como ferramenta de xestión (1 h)
3. Dinámica dos montes e réxime de lumes e resposta das especies de mato ao lume (2 h)
4. Queimas prescritas: definición, obxectivos e clasificación (1 h)
5. Tipos de propagación (1 h)
6. Técnicas de ignición e manexo do fume (2 h)
7. Índices de risco e humidade do combustible fino morto (1 h)
8. Ferramentas informáticas para a toma de decisións (1 h)
9. Impactos ecolóxicos do lume: vexetación, solo e ecosistemas. Intensidade e severidade do lume (2 h)
10. Monitorización de queimas prescritas (1 h)
11. Seguimento e avaliación de obxectivos nas queimas (1 h)
12. Normas de seguridade e avaliación de riscos nas queimas (1 h)
13. Xanela de queima, prescricións e elaboración de prescrición de queimas (2 h)
14. Procedemento e plan de execución de queima prescrita en Galicia (3 h)
15. QUECO: Aplicación de queimas prescritas da Xunta de Galicia (5 h)
16. Planificación estratéxica e territorial das queimas (2,5 h)
17. Análise de casos prácticos de queimas prescritas (2 h)
18. Avaliación final e conclusións (0,5 h)
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural
Destinatarios específicos:
Axentes forestais e axentes facultativos medioambientais dos distritos forestais e servizos centrais
Requisitos:
1) 5 prazas reservadas para persoal dos distritos de cada unha das 4 provincias onde preste servizo o/a traballador/a e 5 para servizos centrais e servizos provinciais
2) Terá prioridade o persoal con maior antigüidade na administración autonómica, contabilizada como número de trienios e data de vencemento do último trienio.
3) De acordo co artigo 155 da LEI 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia,
reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
Inscrición:
gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.