Técnicas de defensa verbal

Código: 252075
Data de inscrición: 24/03/2025 - 31/03/2025
Número da edición: 2
Horas lectivas: 24
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 28/04/2025 - 30/04/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 6
Horario: 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30
Días: 28, 29 e 30 de abril de 2025
Contido:
1.- Pirámide do uso da forza na intervención policial (1 hora)
2.- Situacións policiais cando fallan as palabras (1 hora)
3.- Frases tácticas para a comunicación policial (1 hora)
4.- Graos de alerta (1 hora)
5.- Clasificación das persoas na intervención policial para unha mellor utilización da palabra para alcanzar o cumprimento dos obxectivos profesionais (1 hora)
6.- As esquivas verbais (2 horas)
7.- Técnicas de autocontrol. Dominio da perspectiva (2 horas)
8.- Oito pasos tácticos en parada e control (1 hora)
9.- A escoita activa na comunicación policial (1 hora)
10.- O rol, a voz e a linguaxe non verbal na comunicación policial (2 horas)
11.- Posicionamento táctico e distancias de seguridade (2 horas)
12.- A mediación e a persuasión na comunicación policial (2 horas)
13.- O concepto PACE e as claves da comunicación policial (2 horas)
14.- Máximas dunha comunicación profesional (2 horas)
15.- Prácticas (3 horas)
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural
Destinatarios específicos:
Persoal TÉCNICO da DXDM
Requisitos:
- 4 prazas reservadas para o persoal dos distritos de cada unha das 4 provincias onde preste servizo o/a traballador/a e 4 para servizos centrais.
CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. Terá prioridade o persoal que non fixese a mesma formación nos últimos 3 anos
2. Criterios de selección propios da Agasp:
1º De acordo co artigo 155 da LEI 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria
2º Antigüidade na administración
Inscrición:
Gratuíta
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.