Seguridade e operativa en manobras con medios aéreos. Técnicas de remate e liquidación

Código: 252064
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 420
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 28/03/2025 - 30/05/2025
Lugar: Toén (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: TEORÍA: en liña na plataforma da Agasp: (https://formacion-agasp.xunta.gal) / PRÁCTICA presencial en CILL Toén
Horario: TEORÍA en liña: horario segundo as necesidades do alumno / PRÁCTICA presencial en Toen
Días: 28/03/2025 ao 30/05/2025
Contido:
1. Climatoloxía e combustibles. Dispoñibilidade e tempo de retardo (2 horas)
2. Tipos de incendios. Análise dos últimos grandes incendios forestais (GIF) acontecidos en Galicia (2 horas)
3. Técnicas de remate e liquidación (2 horas)
4. Os medios aéreos en extinción de incendios forestais. Tipos e métodos de traballo. A seguridade no traballo con medios aéreos. Embarque en helicóptero en situacións de emerxencia (4 horas)
5. Leccións aprendidas dos últimos GIF en Galicia aplicables ás tarefas dos bombeiros forestais (2 horas)
6. O traballo con medios aéreos en extinción (2 horas)
7. Seguridade con medios aéreos (2 horas)
8. Adestramento con ferramentas manuais (2 horas)
9. Adestramento con liña de auga. Xestión do esforzo dos recursos humanos na liña de auga. Capacidades límites co vehículo motobomba (2 horas)
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Bombeiro/a forestal condutor/a
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Bombeiro/a forestal
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada
Destinatarios específicos:
Bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, bombeiros/as forestais condutores/as, bombeiros/as forestais ODCIF e bombeiros/as forestais dos distritos forestais
Inscrición:
Importación listaxe M Rural
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.