Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia

Código: 252060
Data de inscrición: 19/02/2025 - 27/02/2025
Número da edición: 5
Horas lectivas: 240
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 29/04/2025 - 22/06/2025
Lugar: Ourense (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: TEORÍA: AULA BEONE EIROÁS - PRÁCTICAS INSTALACIÓNS: PISCINA BEONE EIROÁS/EMBARCADEIRO DE BARRA DE MIÑO
Horario: proba natación: Martes 29 abril: 19:00 horas // horario curso: venres:14.00-18.00 /sábados: 9.00-18.30 / domingos: 9.30-13.30
Días: 29 abril, 2,3,4,9,10,11,16,17,18,23,24,25,30,31 de maio, 1,6,7,8,13,14,15, 20, 21 e 22 de xuño de 2025
Obxectivos:
Acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Contido:
1. Proba especifica de natación (120 horas)
2. Prevención de situacións de risco e vixilancia en instalacións acuáticas (IA) e en espazos acuáticas naturais (EAN) (20 horas)
3. Intervención e rescate en IA e EAN (60 horas)
4. Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en IA e EAN (40 horas)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Socorrista
Destinatarios específicos:
Reservarase un 30% das prazas a voluntarios/as activos/as nunha agrupación o asociación de voluntarios de protección civil que teñan superado o curso básico de protección civil.
Requisitos:
Persoas maiores de idade en posesión do título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria

Durante o prazo de solicitudes os solicitantes achegarán por correo electrónico a formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal o título de Graduado en ESO

Base sétima. CRITERIOS XERAIS DE SELECCIÓN
1. A selección realizarase por orde de entrada da solicitude de inscrición.
2. Reservarase un30% das prazas a voluntarios/as activos/as nunha agrupación o asociación de voluntarios de protección civil que teñan superado o curso básico de protección civil.
3. Na selección reservarase o 50% do total das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
Cando no proceso de selección non se completase a reserva dos puntos segundo e terceiro, a dita reserva, de existir suficiente número de solicitantes, completarase co resto de solicitudes.

- As persoas admitidas nos cursos deberán superar a proba específica “combinada con aletas”, que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados.
Para a realización desta proba deberán vir provistas do material seguinte: gorro e gafas de natación, bañador, chanclas, aletas e útiles persoais de aseo
Inscrición:
gratuita

DOG NÚM 33 - 18/02/2025
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.
Solicitudes:
Durante o prazo de solicitudes os solicitantes DEBERÁN ACHEGAR por correo electrónico a formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal o título de Graduado en ESO
Documentación: