Piloto de drons para categorías abertas e especificas

Código: 252055
Data de inscrición: 12/03/2025 - 20/03/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 100
Prazas: 25
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 01/04/2025 - 25/06/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Parte en liña a través da plataforma de formación da Agasp (https://formacion-agasp.xunta.gal)/Parte presencial Agasp ( parte traseira de cafetería,)
Horario: Parte en liña (01 abril ao 25 maio): segundo disposición e necesidade do alumnado // Parte presencial por grupos (1 grupo cada día( 2, 3, 4, 5, 6 e 25 de xuño)) horario: 9.00-15.00
Días: 01/04/2025 ao 25/06/2025
Obxectivos:
Dotar aos integrantes dos coñecementos necesarios para superar o exame oficial de piloto de drons para escenarios estándar españois STS-ES01 e STSES-02 e escenarios estándar europeos STS-01
Contido:
TEORÍA:
Bloque 1: Categorías abertas A1/A3
- Concepto Normativo
- Coñecemento xeral do voo con sistema de aeronave non tripulada (UAS)
- Procedementos operacionais
Bloque 2: Categorías específicas de escenarios estándar europeos (STS).
- Regulamentación da aviación
- Limitacións do rendemento humano
- Procedementos operacionais
- Atenuacións técnicas e operacionais do risco en aire
- Coñecemento xeral do UAS
- Atenuacións técnicas e operacionais do risco en terra.

PRÁCTICA:
Bloque 3: Práctica de voo (6 horas)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
A) Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
B) Grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
C) Persoal dos Servizos municipais de protección civil e emerxencias
Requisitos:
REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN DOS/DAS SOLICITANTES
1. Requisitos xerais: os/as solicitantes deben ter a condición descrita na base terceira para estes colectivos.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados/as por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning).
4. Dispoñer de CERTIFICADO DIXITAL ou DNI electrónico en vigor, computador persoal (necesario para realizar trámites de matriculación en la Axencia Estatal de Seguridade Aerea - AESA) con capacidade para presentar documentación de maneira telemática e asinar electronicamente.
5. Ao final de cada bloque da parte en liña, terá que superar 2 cuestionarios un na plataforma da Agasp e outro oficial telemático en AESA, pola contra perderá o dereito para realizar a práctica presencial de voo.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso
2. Segundo a Lei de Igualdade da C. Autónoma reservarase un 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
3. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización dos cursos con anterioridade.
4. No suposto que polas características dos cursos seleccionados estes fosen susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
gratuita

Convocatoria: DOG NÚM. 48 - 11/03/2025
Resolución dtor. cambio data final
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.