Patoloxías estruturais, apeos e apuntalamentos

Código: 252050
Data de inscrición: 21/02/2025 - 03/03/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 17/06/2025 - 19/06/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Día 17/06: aula 4 AGASP - días 18/06 e 19/06: Instalacións SEGANOSA (Salvaterra de Miño)
Horario: 08.00 - 15.00
Días: 17, 18 e 19 de xuño de 2025
Obxectivos:
1. Adquirir coñecementos sobre o recoñecemento das partes de unha edificación, o seu comportamento, tipos de esforzos a que se encontran sometidas, lesións mais frecuentes que se producen nas construcións, as súas múltiples causas e as súas medidas correctoras
2. Adquirir coñecementos para realizar traballos de estabilización, apuntalamentos e derrubes para poder realizar tarefas de forma segura que eviten os riscos que se poidan derivar do estado das edificacións e que poden chegar a afectar a poboación civil.
Contido:
MÓDULO 1: PATOLOXÍAS NA EDIFICACIÓN (7 horas)
TEORÍA (5 horas)
1. Introdución
2. Consideracións sobre a seguridade na edificación
3. Lexislación aplicable
4. Comportamento estrutural e análise patolóxico: xeneralidades, distribución de cargas, tipos, elementos e materiais estruturais
PRÁCTICA (2 horas)
1. Exercicio de análise patolóxico en aula
MÓDULO 2: MEDIDAS CORRECTORAS. APEOS E APUNTALAMENTOS EN OCOS (7 horas)
TEORÍA (2 horas)
1. Introdución
2. Xeneralidades e terminoloxía
3. Límites de seguridade
4. Tipos de apeo e apuntalamento
5. Cegado de ocos
6. Cálculo e metodoloxía de traballo
PRÁCTICA (5 horas)
1. Exercicios de cegado de ocos de fachada
MÓDULO 3: MEDIDAS CORRECTORAS. APEOS E APUNTALAMENTOS EN FORXADOS E MUROS (7 horas)
TEORÍA (2 horas)
1. Introdución
2. Xeneralidades e terminoloxía
3. Límites de seguridade
4. Tipos de apeo e apuntalamento
5. Apeos horizontais, verticais e inclinados
6. Cálculo e metodoloxía de traballo
PRÁCTICA (5 horas)
1. Exercicios de apeo de forxados e muros.
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Suboficial
- Bombeiros dos Parques Municipais - Suboficial
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Xefe do servizo
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Cabo
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
- Bombeiros dos Parques Municipais - Bombeiro/a - conductor/a
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Oficial
- Bombeiros dos Parques Municipais - Oficial
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal - Persoal do GES
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Persoal de intervención
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Persoal técnico
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Sarxento/a
- Bombeiros dos Parques Municipais - Sarxento
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Bombeiro/a - condutor/a
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso
2. Segundo a Lei de Igualdade da C. Autónoma reservarase un 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
3. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización dos cursos con anterioridade.
4. No suposto que polas características dos cursos seleccionados estes fosen susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
gratuita

Convocatoria: DOG NÚM 35 - 20/02/2025
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.