Intervención en barrancos. Técnicas de altura en lugares de dificil acceso - Nivel I

Código: 252048
Data de inscrición: 21/02/2025 - 03/03/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/06/2025 - 05/06/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Día 03/06: aula 3 AGASP - Días 04 e 05/06: práctias no Barranco Cerves superior. Sito no concello de Melón (Ourense).
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30 - último día: 09:00-18:00
Días: 3, 4 e 5 de xuño de 2025
Obxectivos:
- Interpretación da topografía dun barranco, descenso de vertiais secas e acuáticas.
- Rescate en altura dentro do barranco e linguaxe no río.
- Adquirir destreza no descenso de barranquismo e poder solventar calquer tipo de emerxencia que
ocurra na demarcación de cada servizo de emerxencia.
- Aprender os xestos de comunicación con medios aéreos.
- Coñecer os tipo de descensores que se usan no barranquismo e facer uso deles con seguridade.
- Dar a coñecer aos corpos de rescate toda a información en detalle dos máis de 70 descensos de
barranquismo catalogados e croquizados a día de hoxe en Galicia.
- Unificar criterios dos diferentes grupos de intervención na comunidade autónoma de Galicia.
Contido:
TEORÍA
1. Material básico para a práctica de barranquismo e intervención no río. Triangulacións. PRL no barranco (1 hora)
2. Técnicas de instalación. Nós básicos, cabeceiras, rápel-polipastos. Instalación e recuperación de corda (1 hora)
3. Técnicas de guiado no río. Técnicas de altos caudais. Técnicas de rescate (1 hora)
4. Caixa de primeiros auxilios no río. Zona segura e creación de punto quente. Primeiros auxilios (1 hora)

PRÁCTICA
1. Nós, ensacado, cabeceiras, triangulacións. Ancoraxe puntos naturais. Cabeceiras avanzadas. Autosocorro. Técnica de rápel (4 horas)
2. Progresión polo leito. Instalacións de cabeceiras. Métodos de descenso, lectura de caudais e avance polo río. Métodos de guiado nun rescate (5 horas)
3. Augas vivas. Técnicas de avance en augas brandas. Rápel guiado con ancoraxe artificial (3 horas)
4. Técnicas de rescate dentro do barranco. Ascenso e descenso da vítima. Emprego de desviadores desembragables e tirolesas en espazos confinados e medio acuático. Simulacro de rescate no medio acuático. (8 horas)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
REQUISITOS:
1) Para acceder a este curso É NECESARIO ter superado o básico de altura (no caso de que o curso básico de altura fose impartido por outra entidade, durante o prazo de solicitudes os solicitantes deberán remitir por correo electrónico a formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal o diploma ou certificado)
2) Todos os participantes deberán ter coñecementos básicos de natación
3) EQUIPAMENTO que debe traer o alumnado: botas de sendeirismo, bañador e toalla.
Funda estanca para teléfono (opcional)
4) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso
2. Segundo a Lei de Igualdade da C. Autónoma reservarase un 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
3. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización dos cursos con anterioridade.
4. No suposto que polas características dos cursos seleccionados estes fosen susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
gratuita

Convocatoria: DOG NÚM 35 - 20/02/2025
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.