Investigación causal de incendios

Código: 252043
Data de inscrición: 21/02/2025 - 03/03/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 40
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 01/04/2025 - 13/05/2025
Obxectivos:
- Formar aos profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento na investigación causal de incendios
Contido:
Módulo 1. Os servizos de prevención, extinción de incendios e salvamento (SPEIS) e a investigación causal de incendios (2 horas)
Módulo 2. Método de investigación: determinación da causalidade e orixe do foco (8 horas)
Módulo 3. O inicio da investigación: a resposta inmediata a emerxencias. Toma de datos (8 horas)
Módulo 4. O elemento causal. A recollida de datos para a análise da información (12 horas)
Módulo 5. Outras marcas de lume. A transmisión de información (5 horas)
Módulo 6. O informe de investigación causal emitido polos SEIS/SPEIS (5 horas)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias
Requisitos:
1. Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso
2. Segundo a Lei de Igualdade da C. Autónoma reservarase un 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
3. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización 2 cursos con anterioridade.
4. No suposto que polas características dos cursos seleccionados estes fosen susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
gratuita

Convocatoria: DOG NÚM 35 - 20/02/2025
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.