Intervención con autoescaleiras

Código: 252039
Data de inscrición: 21/02/2025 - 03/03/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 12
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/03/2025 - 12/03/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 3
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.00 / último día 9.00-13.30
Días: 11 e 12 de marzo de 2025
Obxectivos:
- Alcanzar un coñecemento exhaustivo das autoescaleiras.
Contido:
1. Aspectos xerais e principios de funcionamento de autoescaleiras
2. Achegamento ás intervencións
3. Emprazamentos técnicos
4. Emprazamentos adiantados
5. Emprazamentos atrasados
6. Emprazamentos inclinados
7. Técnicas de rescate e utilización das autoescaleiras
8. Emprazamentos sobre maquetas
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso
2. Segundo a Lei de Igualdade da C. Autónoma reservarase un 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
3. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización dos cursos con anterioridade.
4. No suposto que polas características dos cursos seleccionados estes fosen susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
gratuita

Convocatoria: DOG NÚM 35 - 20/02/2025
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.