Colaboración do voluntariado de protección civil en dispositivos ante grandes concentracións humanas

Código: 252025
Data de inscrición: 22/02/2025 - 10/03/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 30
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 04/06/2025 - 23/06/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: curso en liña a través da plataforma de formación da Agasp (https://formacion-agasp.xunta.gal) //PRÁCTICA: presencial na Agasp: aula 2
Horario: TEORÍA: segundo disposición e necesidade do alumnado//PRÁCTICA (20 xuño)l: 9.00-15.00
Días: 04/06/2024 ao 23/06/2024
Contido:
Módulo I: Dispositivos preventivos ante grandes concentracións humanas I (5 horas)
Módulo II: Dispositivos preventivos ante grandes concentracións humanas II (5 horas)
Módulo III: Aspectos psicosociais ante grandes concentracións humanas (10 horas)
1 - A conduta colectiva e as súas características
2 - O comportamento humano ante o perigo
3 - O pánico colectivo
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
voluntarios de AVPC de Galicia
Requisitos:
1. REQUISITOS XERAIS:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Uniformidade nos cursos presenciais
4. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º De acordo coa lei de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
3º Data e hora na presentación de solicitudes
Inscrición:
Colaboración do voluntariado de protección civil en dispositivos ante grandes concentracións humanas
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.