Intervención e regulación do tráfico polos servizos de emerxencias

Código: 252018
Data de inscrición: 22/02/2025 - 10/03/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 21/05/2025 - 21/05/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 4
Horario: 9:00 -14:00/15:30 -18:30
Días: 21 de maio de 2025
Obxectivos:
- Instruír aos alumnos na normativa reguladora da sinalización circunstancial segundo trátese dunha intervención prevista ou imprevista.
- Ensinar aos alumnos para sinalizar e balizar de forma adecuada e de acordo con as instrucións técnicas.
- Realizar supostos prácticos de sinalización en distintas circunstancias
Contido:
Módulo 1: Introdución (0,5 horas)
Módulo 2: Normativa e instrucións técnicas (2 horas)
Módulo 3: Sinalización e balizamento (2 horas)
Módulo 4: Implantación da sinalización (2 horas)
Módulo 5: Supostos prácticos (1,5 horas)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Requisitos:
1. REQUISITOS XERAIS:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Uniformidade nos cursos presenciais

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º De acordo coa lei de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
3º Data e hora na presentación de solicitudes
Inscrición:
Gratuita
convocatoria DOG nm.36 - 21/02/2025
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.