Vehículos de mobilidade persoal

Código: 251275
Data de inscrición: 17/10/2025 - 23/10/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 100
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 03/11/2025 - 29/11/2025
Obxectivos:
Os vehículos de mobilidade persoal (VMP) teñen a consideración de vehículos e, polo tanto, aplícanselles as mesmas normas que a estes. Neste curso o alumnado coñecerá a súa normativa aplicable, así como consellos de expertos da DXT.
O curso consta de 4 temas cos cales se busca que o alumnado aprenda a distinguir o que é un VMP do que non o é, a protexerse adecuadamente durante a súa condución, a circular polos
lugares adecuados, a cumprir coas normas de convivencia e a interiorizar as normas básicas de seguridade viaria.
Contido:
Tema 1. Introdución.
Unidade 1. Introdución.
Unidade 2. Que é un VMP?
Unidade 3. Cales non son VMP?
Unidade 4. Elección do VMP.
Unidade 5. Documentación necesaria.
Tema 2. Elementos dos VMP.
Unidade 1. Elementos de seguridade.
Unidade 2. Como colocar un casco.
Unidade 3. Equipamento.
Unidade 4. Mantemento do VMP.
Tema 3. Circulación.
Unidade 1. Manexo dun VMP.
Unidade 2. Por onde se pode circular.
Unidade 3. Distancia de seguridade.
Unidade 4. Anticiparse e comunicarse.
Unidade 5. Interseccións.
Unidade 6. Regras de seguridade.
Tema 4. Normativa, responsabilidade e sancións.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Corpos de Policía Local
- Corpos de Policía Local - Policía
- Corpos de Policía Local - Superintendente/a
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Subxefe da Agrupación
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Voluntario/a
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Xefe da Agrupación
- Corpos de Policía Local - Alumno/a cursos selectivos
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Candidato/a a voluntario
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
- Corpos de Policía Local - Inspector/a
- Corpos de Policía Local - Inspector/a Principal
- Corpos de Policía Local - Intendente/a
- Corpos de Policía Local - Intendente/a Principal
- Corpos de Policía Local - Oficial
Destinatarios específicos:
- Persoal dos corpos das policías locais.
- Persoal das agrupacións de voluntarios de protección civil de Galicia.
Requisitos:
Avaliación:
Criterios para superar a acción formativa: resultar apto/a nos cuestionarios de avaliación.
A cualificación de apto/non apto obtense:
1º. Polo estudo dos contidos do curso.
2º. Pola superación dos cuestionarios de avaliación de cada módulo, así como o cuestionario de avaliación final, sempre que se obteña en cada categoría unha cualificación superior a 5. Permitiranse 2 intentos en cada cuestionario.
3º. En cada un dos módulos hai un foro para o debate. É importante participar activamente.
Nalgún dos foros exponse un caso práctico para crear un debate específico. Neste caso é obrigatorio intervir e participar realizando achegas, con intervencións mediante mensaxes sobre o tema exposto.
Inscrición:
O prazo para a inscrición e a presentación de solicitudes de participación comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 23 de outubro de 2025.
O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp, http://agasp.xunta.gal.
Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.
A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano, computado desde o momento en que se detecte o feito.
É obrigatorio consignar no formulario de solicitude un número de teléfono móbil e un correo electrónico co fin de poder realizar as notificacións necesarias.
Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, que non se axusten ao formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.
As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comuniquen a súa imposibilidade de asistencia con, cando menos, 48 horas de antelación ao comezo desta. Esta renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.agasp@xunta.gal.