Operativa policial en dispositivos con guias caninos de cans detectores . 2ª edición

Código: 251137
Data de inscrición: 14/05/2025 - 23/05/2025
Número da edición: 13
Horas lectivas: 6
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 28/05/2025 - 28/05/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Contido:
1.- O can policía: habilidades e funcionamento. Vantaxes.
2.- Detección de substancias estupefacientes con cans. Presentación das substancias e a súa ocultación.
3.- Principios de oportunidade, proporcionalidade e congruencia na actuación da policía local para a prevención de drogas.
4.- Requisas e rexistros en espazos públicos exteriores (prazas, parques, mobiliario urbano…) como participante en dispositivos nos que se utilizan cans detectores.
5.- Requisas e rexistros en interiores, edificios públicos (colexios, institutos, centros cívicos…), locais de lecer, como participante en dispositivos nos que se utilizan cans detectores.
6.- Cans policías en controis de tráfico de vehículos e controis de seguridade cidadá. A detección de substancias en interiores e exteriores de vehículos.
7.- Rexistros en persoas e as súas pertenzas con cans detectores. Operativa policial con cans detectores aplicada á Lei de Seguridade Cidadá.
8.- Rexistros superficiais a menores de idade. Instrucións da SES.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local