Avanzado en VMP. Mobilidade urbana e informe pericial

Código: 251076
Data de inscrición: 21/03/2025 - 07/04/2025
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 35
Modalidade: En liña co exame presencial
Data inicio - fin: 13/05/2025 - 03/06/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Obxectivos:
Curso estruturado para avanzar na complexidade casuística da categorización dos vehículos
de mobilidade persoal, analizar os flocos non cubertos pola lexislación actual, e visualizar de maneira
integral, tanto as actuacións administrativas como penais que poden desencadear a
actuación policial con esta clase de vehículos.
Repaso da normativa base, e dos cambios vindeiros que afectan e afectarán á circulación dos
VMP, tales como son o certificado de circulación e o Manual de características. Revisión dos
puntos máis importantes e imprescindibles.
Especial atención a outras formas de mobilidade motorizada eléctricamente como poden ser os ciclos,
as cadeiras de rodas e os vehículos de mobilidade reducida. Desagregación de categorías e especial fincapé
na distinción de categorías.
Análise penal da circulación con vehículos de motor e ciclomotores con motorización eléctrica.
Atestado policial e confección do preceptivo Informe técnico policial.
Deseño, partes, contido, referencias e conclusións que deben constar no Informe técnico.
Contido:
1) Resumo de últimas modificacións legais en mobilidade urbana
2) Inspección policial, procura de elementos identificadores e categorización dos vehículos
3) Explicación e desagregación do contido no Manual de Características
4) Avaliación do aparello, clasificación por características técnicas
5) Casuística especial de cadeiras con rodas con motorización eléctrica
6) Casuística especial de ciclos motorizados
7) Contido específico que deben reunir os atestados por delitos cometidos con esta tipoloxía de vehículos
8) Vontade de Fiscalía de Seguridade viaria
9) O informe técnico policial
10) Partes, contido, referencias, deseño e conclusións
11) Intervencións prácticas
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local