Intervención con menores vítimas

Código: 251071
Data de inscrición: 21/03/2025 - 07/04/2025
Número da edición: 3
Horas lectivas: 8
Prazas: 35
Modalidade: En liña co exame presencial
Data inicio - fin: 29/05/2025 - 05/06/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Días: Sesión de telepresenza: 29 de maio en horario de 15.00 a 20.00 horas
Obxectivos:
A infancia é unha etapa crucial na vida de calquera persoa, e a exposición a situacións de violencia ou abuso pode ter un impacto profundo no desenvolvemento emocional, psicolóxico e social dos menores. A intervención con NNA vítimas de violencia require un enfoque especializado que garanta a súa protección, o respecto aos seus tempos e necesidades, e o acompañamento adecuado no seu proceso de recuperación.
Esta formación ten como obxectivo proporcionar ferramentas para comprender e abordar a realidade dos/as menores vítimas
Contido:
• Características comúns das vítimas infantís
• Por que as vítimas manteñen o silencio?
• Síndrome de Acomodación
• Sintomatoloxía derivada da violencia infantil
• Facilitación da revelación. A non entrevista
• Actuación dos profesional
• Casos prácticos
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia