Intervención con menores agresores

Código: 251070
Data de inscrición: 21/03/2025 - 07/04/2025
Número da edición: 2
Horas lectivas: 8
Prazas: 35
Modalidade: En liña co exame presencial
Data inicio - fin: 22/05/2025 - 29/05/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Días: Sesión de telepresenza: 22 de maio en horario de 15.00 a 20.00 horas
Obxectivos:
A violencia exercida por menores é unha problemática complexa que require un enfoque integral para a súa comprensión e intervención. Os/as menores agresores poden presentar diversas características e motivacións, e o seu comportamento non só impacta ás vítimas, senón que tamén ten consecuencias no seu propio desenvolvemento e na sociedade en xeral.
Esta formación ten como obxectivo analizar en profundidade o perfil dos/as menores agresores/as, así como os factores que inflúen na súa conduta
Contido:
• Características comúns en menores agresores
• Menores cuxas vítimas son menores de idade e menores cuxas vítimas son da mesma idade
• Estratexias do menor victimario e xustificacións
• Paso de vítima a victimario
• Casos prácticos
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia