Detención policial. Procedemento integral. Aspectos xurídicos
Código:
251068
Data de inscrición:
24/03/2025 - 10/04/2025
Número da edición:
1
Horas lectivas:
20
Prazas:
35
Modalidade:
Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin:
26/05/2025 - 20/06/2025
Lugar:
Estrada, A (Pontevedra)
Localización:
AGASP
Días:
Sesións de telepresenza: 29 de maio e 5 e 12 de xuño en horario de 18.00 a 20.00 horas. Sesión presencial na sede da AGASP: 19 de xuño en horario de 17.00 a 20.00 horas
Obxectivos:
O ano pasado o Ministerio do Interior refundiu nun único instrumento xurídico as diferentes instrucións que regulaban os diferentes aspectos da detención policial. Trátase de Instrución 1/24 pola que se aproba o “Procedemento integral da detención policial”.
Ata o de agora esta medida cautelar policial de privación de liberdade estaba regulada ata en 13 instrucións diferentes, algunha delas dos anos oitenta. Con este novo procedemento preténdese integrar toda esta normativa e actualizar o seu contido as actuais realidades sociais e actualizacións lexislativas que se produciron nestes últimos anos. O seu obxectivo é mellorar a protección dos dereitos das persoas detidas e ó mesmo tempo, dotar de maior seguridade xurídica ás actuacións policiais.
No curso analizaremos os cambios mais significativos e novidades desde procedemento e como afectan ó noso traballo policial, algúns deles xa establecidos no seu momento pola xurisprudencia e outros máis novidosos.

Contido:
• Práctica da detención e traslado de persoas detidas
• Rexistros persoais
• Particularidades da detención
• Emprego da forza
• Duración da detención e dereitos das persoas detidas
• Estancia das persoas detidas nas dependencias policiais. Aplicación informática DILI-SES
• Procedementos de seguimento sobre as actuacións policiais con persoas detidas

Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil - Corpo Nacional de Policía - Corpos de Policía Local - Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia