Cultura viaria e xestión do tráfico

Código: 251067
Data de inscrición: 24/03/2025 - 10/04/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 35
Modalidade: En liña co exame presencial
Data inicio - fin: 21/04/2025 - 16/05/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Días: Sesións de telepresenza: 22 e 24 de abril en horario de 10.00 a 11.00 h.; 29 de abril en horario de 9.30 a 11.30 h.; e 6 e 8 de maio en horario de 10.00 a 11.00 horas
Obxectivos:
Actualizar coñecementos sobre a lexislación en materia de tráfico e seguridade viaria, sobre as ordenanzas correspondentes e sobre redacción e formalización de atestados de tráfico.
Contido:
MÓDULO 1: Cultura viaria: o piar da seguridade na vía
- Que entendemos por cultura viaria? Conceptos e visión.
- A seguridade viaria como dereito e responsabilidade colectiva.
- Hábitos viarios interiorizados e condutas normalizadas incorrectas (falsas seguridades).
- A percepción do risco e o papel da educación emocional na vía pública.
- O profesional como referente social na cultura viaria.

MÓDULO 2: A policía local e a xestión ética do tráfico
- Que é xestionar o tráfico? Diferenzas entre control e xestión.
- Análise de conflitos viarios reais.
- Aplicación da lei vs. xestión ética: Onde está o equilibrio?
- A importancia do coñecemento da contorna e o contexto na toma de decisións.
- A xestión da mobilidade e os novos retos.

MÓDULO 3: Revisión de modelos e propostas de actuación
- Revisión de erros e malas prácticas habituais na nosa profesión.
- Estratexias de mellora e boas prácticas operativas.
- Metodoloxía de actuación en zonas sensibles.
- Estratexias de prevención e sensibilización desde a Policía Local.
- Cultura do servizo público: a Policía como garantía da convivencia viaria.
- Reflexión final: Que tipo de policía queremos ser na vía pública?
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local