Avanzado en matriculación de vehículos

Código: 251049
Data de inscrición: 21/03/2025 - 07/04/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 35
Modalidade: En liña co exame presencial
Data inicio - fin: 21/04/2025 - 12/05/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Contido:
PROCESO DE MATRICULACIÓN EN ESPAÑA.
- Matriculación de vehículos españois.
- Matriculación de vehículos estranxeiros
- Matriculación de vehículos sen homologación
- Vehículos non matriculables
- Especial casuística dos vehículos Quads

CARACTERÍSTICAS DAS MATRÍCULAS
- Caracteres, fonte, acuñado, homologación, datación de matrículas e sistemas anteriores

TIPOS DE MATRICULAS
- Matriculas ordinarias
- Vehículos en xeral, pertencentes ao Estado, pertencentes Administracións Autonómicas.
- Vehículos especiais, remolques e semirremolques, ciclomotores
- Matriculas especiais
- Réxime diplomático, histórica
- Matrículas temporais de circulación
- Temporais particulares
- Temporais empresas, vehículos matriculados e non matriculados

BAIXA DOS VEHÍCULOS E AS SÚAS MATRÍCULAS
- Baixas DEFINITIVAS:
- Baixas TEMPORAIS

MANIPULACIÓN E ALTERACIÓN DE MATRÍCULAS NOS VEHÍCULOS
- Infraccións nas matriculas, LSV, RGCir e RGVeh
- Actuación administrativa
- Actuación penal
- Casuística, imaxes, vídeos e casos reais
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local