Organización de eventos multitudinarios, eventos deportivos e probas de motor

Código: 242151
Data de inscrición: 22/08/2024 - 09/09/2024
Número da edición: 3
Horas lectivas: 20
Prazas: 30
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 06/11/2024 - 26/11/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: TEORÍA: en liña a través da plataforma de formación da Agasp (https://formacion-agasp.xunta.gal)/Práctica presencial: AGASP - A Estrada: aula 3
Horario: TEORÍA en liña: horario segundo as necesidades do alumno) / PRÁCTICA presencial: 25/11 de 09.00 - 14.00
Días: 6 ao 26 de novembro de 2024
Contido:
TEORÍA
Módulo I: Preparación do operativo preventivo (6 horas)
Módulo II: Coordinación con Forzas e Corpos de Seguridade (4 horas)
Módulo III: Seguridade en eventos deportivos e probas de motor (5 horas)

PRÁCTICA
Talleres eventos multitudinarios e probas motor (5 horas)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Voluntarios de AVPC de Galicia
Requisitos:
1. REQUISITOS XERAIS:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3) Para os cursos semipresenciais: os requirimentos técnicos para a formación en liña.
4) Uniformidade para presenciais

2. CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º De acordo coa lei de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Reservarase un 40% das prazas para os solicitantes con residencia no concello onde se realice o curso cando curso sexa presencial
3º Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso
4º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
5º Data e hora na presentación de solicitudes
Inscrición:
gratuita

DOG núm. 160 - 21/08/2024
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.