Técnicas de excarceración e extracción de vítimas en accidentes de tráfico

Código: 242142
Data de inscrición: 22/08/2024 - 09/09/2024
Número da edición: 2
Horas lectivas: 25
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 26/11/2024 - 28/11/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: 09:00 - 14:00 / 15:30 - 19:00 - primeiro día ata as 18:30
Días: 26, 27 e 28 de novembro de 2024
Contido:
Módulo 1: Equipos de protección individual (1 hora)
Módulo 2: Estrutura e compoñentes dos vehículos (1 hora)
Módulo 3: Notificación, desprazamento e sinalización do accidente (1 hora)
Módulo 4: Identificación e desconexión de vehículo con enerxías alternativas (1 hora)
Módulo 5: Elementos, técnicas e manobras de estabilización (1 hora)
Módulo 6: Ferramentas de excarceración. Elementos de protección (4 horas)
Módulo 7: Plans de actuación. Manobras de acceso á vítima.. Extraccións de emerxencia (16 horas)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) EQUIPAMENTO para PRÁCTICA que deberá traer o alumnado: casco, gafas de seguridade ou pantalla de protección, traxe de intervención ou funda anticorte, luvas de seguridade e botas de seguridade.
3) Os solicitantes que realizasen o curso anteriormente so poderán ser seleccionados no suposto de existiren vacantes.
4) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.
Inscrición:
gratuita

DOG núm. 160 - 21/08/2024
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.