Rescate en lugares de dificil acceso (I)

Código: 242065
Data de inscrición: 07/03/2024 - 13/03/2024
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 20/03/2024 - 22/03/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: 09:00 - 14:00 e 16:00 - 19:00
Días: 20, 21 e 22 de marzo de 2024
Contido:
MÓDULO TEÓRICO (4 horas)
1. Normas aplicables, técnicas de rescate en altura
2. Equipos, medios e materiais utilizados para rescates
3. Cordas, conectores e ancoraxes.
4. Nós básicos: oito, oito dobre, seno, ballestrinque, etc

MÓDULO PRÁCTICO (20 horas)
1. Equipos utilizados para rescate
2. Nós: tipos e utilidade
3. Realización de ancoraxes de seguridade
4. Cordas en rescate vertical
5. Realización de polipastos e polifrenos
6. Traslado no chan de accidentados na padiola
7. Primeiros auxilios para accidentados en altura
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.