Google Eartlh para dispositivos de emerxencias

Código: 242060
Data de inscrición: 07/03/2024 - 13/03/2024
Número da edición: 1
Horas lectivas: 15
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 24/04/2024 - 13/05/2024
Obxectivos:
Dotar aos integrantes dos colectivos de emerxencias, dos coñecementos básicos para planificar un dispositivo utilizando a ferramenta Google Earth
Contido:
MÓDULO 1. INTRODUCIÓN (4 horas)
a. Introdución a Google earth
b. Descarga e instalación
c. Interface de Google Earth
MÓDULO 2: ENGADIR INFORMACIÓN (3 horas)
a. Engadir marcas de posición
b. Liñas e polígonos
c. Cargar información en diferentes formatos
MÓDULO 3: EXPORTAR INFORMACIÓN (4 horas)
a. Arquivos KMZ e iconas personalizadas
b. Exportación de mapas a JPG
c. Tour e viaxes
MÓDULO 4: OPCIONES AVANZADAS (4 horas)
a. Menú de configuración
b. Regra
c. Superposición de imaxes
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Voluntarios de AVPC de Galicia
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
4. Non está permitida a realización de cursos relacionados na presente convocatoria que teñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso só poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.