Dirección de obra forestal na prevención de incendios

Código: 242004
Data de inscrición: 23/11/2023 - 30/11/2023
Número da edición: 1
Horas lectivas: 50
Prazas: 40
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 19/01/2024 - 05/04/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: sala de conferencias
Horario: 9.00-14.30
Días: 19, 26 de xaneiro, 9, 16 e 23 de febreiro, 1, 8, 15 e 22 marzo e 5 de abril de 2024
Contido:
1.- O prego de cláusulas administrativas particulares. Prerrogativas da administración. Subcontratación. O programa da obra, as ampliacións do prazo. Relacións da dirección facultativa da obra co contratista (4 horas)
2.- Documentos administrativos na execución dos contratos de obras. O proxecto. O replanteo e a súa comprobación, as certificacións, suspensión de obras, recepción e liquidación. O libro de ordes (4 horas)
3.- Afeccións máis frecuentes nas obras forestais en materia de augas de patrimonio cultural e natural, de defensa e costas, estradas (2 horas)
4.- Estudio de Seguridade e Saúde. O plan de seguridade e saúde. O libro de incidencias (2 horas)
5.- Aplicacións informáticas de elaboración de orzamentos de obras coas tarifas oficiais. Presto (6 horas)
6.- Tarifas de prezos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (DXPOF) e da Dirección Xeral de Defensa do Monte (DXDM). (3 horas)
7.- As tarifas de Seaga (2 horas)
8.- As tarifas de Tragsa (3 horas)
9.- Análise dos pregos de prescricións técnicas particulares de obra forestal (2 horas)
10.- Planificación e selección das operacións. Elixibilidade (1 hora)
11.- As obras de silvicultura. Unha visión práctica. (3 horas)
12.- Restauración de montes: Obras de restauración e efectos transversais das obras forestais (3 horas)
13.- Obras de infraestruturas forestais, pistas e devasas. Drenaxe. Os pasos de auga. Unha visión práctica (3 horas)
14.- As obras de repoboación forestal. Unha visión práctica (2 horas).
15.- A construción de puntos de auga: de helicóptero, de motobomba e hidrantes. Emprego de formigón (3 horas)
16.- Mesa redonda (2 horas)
17.- Saída a campo (5 horas)
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Técnico/a de distrito
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Xefatura de distrito
Destinatarios específicos:
- Técnicos dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais da DXDM e DXPOF
- Xefes dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais da DXDM e DXPOF
Requisitos:
DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS: Distritos do I ao V = 6 /do VI ao X= 6 / do XI ao XV = 7/ do XVI ao XIX =4 / Servizo provincial do SPIF = 2 por provincia / SSCC DXDM = 4 / Servizos provinciais e centrais DXPOF = 5 prazas

Todo os solicitantes poderán enviar a DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA, dentro do período de inscrición, a través do correo electrónico coordinacion-medios.medio-rural@xunta.gal
- Valorarase con 1 punto cada 100.000 € certificados como director/a de obra desde o 01/01/2020.
- Valorarase con 1 punto cada 200.000 € certificados como director/a de obra entre o 01/01/2016 e o 31/12/2019. - Valorarase con 1 punto cada 300.000 € certificados como director/a de obra entre o 01/01/2012 e o 31/12/2015. - Valorarase con 1 punto cada dirección de obra realizada desde o 01/01/2012.
Inscrición:
grauita
Publicacións admitidas:
RENUNCIA
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.