Intervención policial
Código:
241099
Data de inscrición:
26/04/2024 - 14/05/2024
Número da edición:
1
Horas lectivas:
15
Prazas:
30
Modalidade:
Presencial
Data inicio - fin:
04/06/2024 - 05/06/2024
Lugar:
Estrada, A (Pontevedra)
Localización:
AGASP
Clase ou local:
Aula CECOP // Pavillón // Galería de tiro
Horario:
De 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 18.30 horas
Días:
4 de xuño en horario de 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 18.30 h e o 5 de xuño en horario de 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 17.30 horas
Obxectivos:
Ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación diante das distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial
Contido:
Curso fundamentalmente práctico.
-Módulo I: Técnicas básicas de intervención policial ante distintas situacións.
- Módulo II: Prácticas de técnicas operativas de intervención policial.

Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil - Corpo Nacional de Policía - Corpos de Policía Local - Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
Destinatarios específicos:
Persoal das forzas e corpos de seguridade que traballan na Comunidade Autónoma de
Galicia.
As prazas serán repartidas en condicións de igualdade entre o persoal da Policía Local,
do Corpo Nacional de Policía, da Garda Civil e da Unidade da Policía Adscrita á Comunidade Autónoma.
O 50 % das prazas para cada unha das accións formativas, ofertadas mediante esta
resolución ao Corpo Nacional de Policía, estará reservada aos afiliados ao Sindicato Unificado de Policía.
A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas
e non dá lugar á penalización estipulada na base quinta da presente resolución.
Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal cando
esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso
non interfira na recuperación.
No caso de considerarse oportuno, poderá acceder aos cursos persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia con competencias directas na materia
que se vai desenvolver, e reservaranse expresamente prazas para eles.
Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp resérvase a facultade de anular a actividade formativa.

Requisitos:
Dado o carácter práctico do curso, a asistencia ao mesmo será con roupa deportiva e será necesario dispor de cinto, defensa e grillóns, agás a arma.