Xestión de conflitos. Mediación policial

Código: 241098
Data de inscrición: 26/04/2024 - 01/05/2024
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 40
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 21/05/2024 - 21/05/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Sala de conferencias
Horario: 21 de maio en horario de 8.00 a 16.00 horas
Días: 21 de maio en horario de 8.00 a 16.00 horas
Contido:
1TEORÍA- PRÁCTICO
Introdución ao concepto de conflito, a súa orixe e teorías sobre a súa escalada.
Incidencia do conflito na Policía Nacional. Situación desexable.
Detección do conflito, diagnóstico e intervención a nivel básico.
Causantes do conflito na Policía Nacional, ferramentas para detectalo e medidas preventivas propostas.
Métodos de resolución de conflitos e a súa aplicabilidade á organización policial.
Política criminal e Xustiza restaurativa.
Modelos policiais.
Capacitación e formación policial. Aplicación da neurociencia.
Mediación policial: perfil da figura do mediador policial e procedemento de mediación.

Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
Destinatarios específicos:
Persoal das forzas e corpos de seguridade que traballan na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Requisitos:
As prazas serán repartidas en condicións de igualdade entre o persoal da Policía Local,
do Corpo Nacional de Policía, da Garda Civil e da Unidade da Policía Adscrita á Comunidade Autónoma.
O 50 % das prazas para cada unha das accións formativas, ofertadas mediante esta
resolución ao Corpo Nacional de Policía, estará reservada aos afiliados ao Sindicato Unificado de Policía.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas
e non dá lugar á penalización estipulada na base quinta da presente resolución.
Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal cando
esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso
non interfira na recuperación.
No caso de considerarse oportuno, poderá acceder aos cursos persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia con competencias directas na materia
que se vai desenvolver, e reservaranse expresamente prazas para eles.
Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp resérvase a facultade de anular a actividade formativa.
Solicitudes:
1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o
formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal.
Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.
É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan
actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o número de teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non ser
correctos ou exactos os devanditos datos, a Agasp non será responsable dos posibles
prexuízos causados ás persoas interesadas.
2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes
dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano, computado desde o momento en que
se detecte o feito.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar a selección do alumnado, que non se axusten ao
modelo normativizado ou que sexan presentadas fóra de prazo.
4. No caso de estar nalgún dos supostos que a seguir se indican, o/a solicitante deberá
remitirlle á Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a
certificación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite tal situación (non será preciso se tal documentación xa consta en poder da Agasp; neste caso deberá comunicalo na
propia solicitude):
a) Profesionais que estean a gozar ou gozasen nos dous últimos anos dunha licenza de
maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.
5. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao
da publicación desta resolución no DOG ata 20 días naturais antes do inicio de cada curso,
ás 14.00 horas do día que corresponda.