Inspección de locais

Código: 241030
Data de inscrición: 13/02/2024 - 21/02/2024
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 35
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 04/03/2024 - 10/03/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Obxectivos:
O curso vai dirixido a aqueles policías que por cuestións de prevención de seguridade ou de incumprimento das Ordenanzas municipais, precisan desenvolver o seu labor no interior dun establecemento público ou naqueles lugares en que teñan lugar actividades recreativas
Contido:
- Réxime de intervención administrativa
- Planificación operativa e coordinación
- Infraccións dinámicas no interior do local (existencia de menores de idade, consumo de drogas e amenazas para a autoprotección das/dos axentes)
- Infraccións á normativa autonómica (alcohol e tabaco, dereitos do usuario, réxime laboral, venda de productos, control de accesos)
- Enfoque da Lei 10/2017 do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia