Licenza de navegación

Código: 232060
Data de inscrición: 22/03/2023 - 05/04/2023
Número da edición: 3
Horas lectivas: 6
Prazas: 20
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 02/05/2023 - 07/05/2023
Lugar: Chantada (Lugo)
Localización: Encoro de Belesar - Club náutico Belesar 27516 Chantada
Clase ou local: TEORÍA en liña / PRÁCTICA presencial: saida do Encoro de Belesar - Club Fluvial Belesar
Horario: TEORÍA (2, 3, 4 e 5) en liña segundo as necesidades do alumnado/ PRÁCTICA: 6 ou 7: (4 grupos: sábado e domingo mañá e tarde 10.00-14.00 / 15.00-19.00)
Días: 02/05/2023 ao 07/05/2023
Obxectivos:
Adquirir coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.
Contido:
TEORÍA (2 h)
a) Introdución aos contidos prácticos
b) Limitacións á navegación en praias non balizadas, balizadas e as súas canles de acceso
c) Normativa respecto ao tráfico marítimo e navegación interior nos portos.
d) Marcas laterais da rexión
e) Forma de gobernar a embarcación para evitar balances e cabezadas e importancia de non atravesarse ao mar
f) Nocións básicas para o uso dunha estación de radio VHF portátil, limitándose ao coñecemento da canle 16, o seu uso en caso de emerxencia e as comunicacións básicas de rutina, así como a forma de contactar con Salvamento Marítimo
PRÁCTICA (4 h)
a) Seguridade e comprobacións antes de saír ao mar. Coñecemento e manexo do material de seguridade, revisión dos puntos críticos da embarcación e comprobacións previas á saída ao mar
b) Motores: identificación dos elementos da instalación propulsora. Arranque do motor e comprobacións de funcionamento
c) Manexo de cabos e nós básicos
d) Manobras: manobras en dársena, atracadas e desatraques. Velocidade de seguridade
e) Fondeo, vixilancia e control da derrota: manobra de fondeo e virado da áncora. Precaucións con bañistas e mergulladores.
f) Manobras de seguridade
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a nunha AVPC dun concello segundo a base quinta da presente convocatoria
- Entidades locais adscritas ao Plan de salvamento en praias de Galicia (Sapraga) no ano 2021.
- Entidades locais que teñan encoros nos que leven a cabo probas deportivas ou de adestramentos.
- Entidades locais que conten con praias fluviais habilitadas para o baño.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. O alumnado SELECCIONADO deberá entregar a seguinte documentación ao coordinador o día do curso:
– Certificado psicotécnico para embarcacións de recreo expedido por calquera centro homologado.
– Fotocopia do DNI.
Inscrición:
gratuita

DOG Núm 56 - 21/03/2023
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.