Intervención con risco eléctrico

Código: 232042
Data de inscrición: 03/03/2023 - 13/03/2023
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 27/03/2023 - 20/04/2023
Contido:
Módulo1: Magnitudes eléctricas e risco eléctrico (7 horas)
Módulo 2: Instalacións con presenza de electricidade (7 horas)
Módulo 3: Intervención en circuítos eléctricos (7 horas)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias
Requisitos:
1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
2) Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
Inscrición:
gratuita

DOG NÚM.31 15/02/2022
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.