Colaboración do voluntariado de protección civil en dispositivos ante grandes concentracións humanas

Código: 232018
Data de inscrición: 28/02/2023 - 09/03/2023
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 12/04/2023 - 05/05/2023
Contido:
Módulo I: Dispositivos preventivos ante grandes concentracións humanas (10 horas)
Módulo II: Aspectos psicosociais ante grandes concentracións humanas (5 horas)
Módulo III: Fases da organización de dispositivos ante grandes concentracións humanas (5 horas)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
voluntarios de AVPC de Galicia
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
Inscrición:
gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.