2ª práctica Plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo das armas

Código: 231213
Número da edición: 2
Horas lectivas: 500
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 24/10/2023 - 30/11/2023
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Obxectivos:
– Facilitar o cumprimento do disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais.

– Dispor de persoal actualizado nas prácticas de armamento e tiro policial de defensa.

– Controlar a práctica anual e regulamentaria do cadro de persoal, mediante un control e unha cartilla de tiro individual.

– Establecer distintos niveis para categorías de tirador, segundo a seguridade e habilidade que demostren no manexo das armas.
Contido:
A segunda práctica do plan terá lugar:

– Os días 24, 27 e 31 de outubro de 2023.

– Os días 7, 10, 14, 17, 23, 24, 28 e 30 de novembro de 2023.

Configurado o calendario segundo as solicitudes recibidas, comunicaráselles aos concellos coa finalidade de que, pola súa vez, informen con antelación suficiente da relación nominal do persoal participante na práctica.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Destinatarios específicos:
A actividade vai dirixida aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan interese en cumprir co disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007, relativo a garantir unha adecuada preparación no uso da arma regulamentaria para o persoal dos corpos de policía local.

Para tal fin, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública establece un plan anual de adestramento, no cal se inclúen dúas prácticas anuais para o persoal dos concellos interesados.
Inscrición:
Para inscribirse no plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo das armas hai que remitir debidamente cumprimentado o formulario de inscrición que aparece no apartado de documentación
Solicitudes:
Os concellos interesados deberán remitirlle o formulario que está na páxina web http://agasp.xunta.gal á Academia Galega de Seguridade Pública ata o día 10 de outubro de 2023.

As solicitudes deberán presentarse a través do correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal, indicando no asunto «Plan de tiro 2023», ou ben a través do rexistro electrónico.

As solicitudes deberán estar autorizadas pola alcaldía, concellaría ou xefe/a de persoal, segundo proceda.

Ademais, é requisito obrigatorio que os/as policías locais asinen o documento de normas de seguridade, do cal se lles fará entrega na Academia antes do comezo das prácticas. En caso contrario, non se lles permitirá o acceso á galería de tiro.

Todos aqueles concellos que adquirisen recentemente armas regulamentarias para a policía local terán preferencia para efectuar as prácticas regulamentarias, indispensables para un mellor coñecemento da nova arma e a adquisición da destreza suficiente para o seu manexo coa seguridade e habilidade necesarias.